3 de xul. de 2020

LABORAL

Proceso de “desescalada” en PSA Vigo


                                                                               Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën


Na imaxe, representantes das seccións sindicais da CUT e da CIG en PSA, diante da sede da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela


En Vigo a 3 de xullo do 2020

 Dende as seccións sindicais da CUT e da CIG en PSA, imos a solicitar xuntanzas con distintas administracións i organismos oficiais para poder expoñerlle as dúbidas que nos xera sobre a seguridade e saúde das persoas traballadoras, o proceso unilateral de “desescalada” das medidas de protección fronte a COVID-19. 

 Apelamos a que diferentes organismos como a Inspección de Servizos Sanitarios, o ISSGA, Inspección de Traballo, SERGAS ou a propia Consellaría de Sanidade, actúen e paralicen este proceso no que se prima o rendemento económico e a produción sobre a saúde das persoas traballadoras. 

 As medidas unicamente buscan unha redución de custes, PSA plantea unha serie de medidas que priorizan o económico sobre a saúde das persoas traballadoras, e tendo en conta a capacidade de contaxio da COVID-19, sobre a saúde de toda a comunidade. PSA podería en aras dos seus resultados económicos votar por terra o traballo de meses. 

 O proceso unilateral de desescalada que PSA iniciou o Martes día 9 de Xuño consiste: 

 Na redución das gamas de limpeza, tanto dos útiles e ferramentas usadas nos diferentes postos de traballo, como da limpeza e desinfección de zonas comúns. O noso entender, queda fora de toda lóxica que mentres nunha cafetería se desinfectan as mesas e sillas logo de cada uso, nunha empresa na que traballan máis de 7000 persoas, nos poucos lugares que temos para poder comer o bocadillo sentado, se faga SÓ TRES VECES POR SEMANA. As papeleiras do parking rebosan de mascarillas usadas. 

 Redución de 3 minutos adicionais nas pausas, a só 1 minuto que deseparece tamén no mes de Xullo. No protocolo de arranque se establecía un tempo adicional de 3 minutos en cada pausa, para poder manter unha hixiene persoal acorde a situación que estamos a vivir, lavado exhaustivo de mans, manipulación correcta das mascarillas, distancias de seguridade nos desprazamentos, etc... Tempo máis que necesario tendo en conta que se limitou o aforo Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën Nota de Prensa dos servizos e se reduciu a metade os lavabos dispoñibles. Agora xa ninguén pode manter esas medidas dado que a cadea arranca e non hai tempo. 

 Eliminación do plus de transporte de 2€/día, complemento que se aboaba por ter que utilizar o transporte individual. A escusa para retiralo é que agora xa se pode utilizar o aforo completo no transporte colectivo. O problema é que debido o cambio nos horarios de entrada e saída das quendas nos diferentes sistemas, resulta imposible organizar autobuses e incluso compartir transporte privado con outras persoas. 

 A todo isto temos que engadir tódolos dereitos adquiridos que nos foron retirados a consecuencia de esta situación e que parece que aí PSA non está disposta a “desescalar”. Temos limitado o uso dos vestiarios e as duchas, tendo que acudir o centro xa vestidos coa roupa de traballo. Temos limitado o acceso os servizos tendo que facer cola durante as pausas e decidindo si mexamos ou nos lavamos as mans. Temos limitado o aceso as áreas de descanso onde só se poden sentar os primeiros en chegar, os máis rápidos. 

 Temos limitado o acceso as zonas de vending, o que na practica fai imposible tomar un café durante as pausas, novamente só poden os máis rápidos....pero o toman de pe, xa non chegan a tempo de sentarse. 

 Aumento da velocidade das cadeas o “nominal” no mes de Xullo, estamos traballando a ritmos e velocidades pre-pandemia cando nos vemos na obriga de usar EPI´s específicos (mascarilla e gafas ou pantalla). Epi´s estes dos que non se realizou a correspondente avaliación de riscos como establece a lexislación vixente. Coñecemos a penosidade de ter que usalos pero descoñecemos as consecuencias na nosa saúde de facelo traballando o mesmo ritmo que antes. 

 Temos solicitado ao Servicio de Prevención a “Avaliación de riscos especifica do estres térmico”, e solicitado a participación do Delegado de Prevención na elaboración do Protocolo de Altas Temperaturas para á aplicación das medidas preventivas tendo en conta o incremento do estres térmico polo uso da mascarillas derivado da época do ano coas temperaturas mais elevadas e no incremento da carga de traballo que require un maior esforzo físico e unha maior oxixenación provocando unha maior carga metabólica. 

 Tendo en conta o referido previamente, dende a CUT e á CIG creemos ter argumentos o suficientemente sólidos como para solicitar a empresa a paralización inmediata do plan de desescalada posto en marcha, e mais tendo en conta que non negociou ca representación legal das persoas traballadoras. Solicitamos a apertura dun proceso negociador de cara a mellorar os erros e incomodidades que o actual protocolo ten. Así como a negociación tamén dun novo protocolo de altas temperaturas que trate de corrixir a penosidade do traballo portando os novos EPI´s durante os días máis calurosos. Ou a empresa rectifica, ou comezaremos accións sindicais sen desbotar calquera medida de presión ou paralización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario