Charo Golmar presenta en Santiago o seu primeiro poemario ‘Nobelo de luz’
O secretario xeral de Política Lingüística acompañou á profesora e escritora lalinense nun acto que se celebrou no Pazo de San Roque
A profesora e escritora Charo Golmar e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación do libro
Foto: X.G.
Infogauda / Santiago de Compostela
A profesora e escritora Charo Golmar presentou hoxe ao serán no compostelán Pazo de San Roque o seu último libro, Nobelo de luz, co que se estrea como poeta, da man de Edicións Fervenza. Acompañouna no acto o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou a obra “como un canto á diversidade, tamén lingüística, á maior comprensión a prol de construírmos un mundo mellor para todas e todos”.
A profesora e escritora Charo Golmar presentou hoxe ao serán no compostelán Pazo de San Roque o seu último libro, Nobelo de luz, co que se estrea como poeta, da man de Edicións Fervenza. Acompañouna no acto o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou a obra “como un canto á diversidade, tamén lingüística, á maior comprensión a prol de construírmos un mundo mellor para todas e todos”.
A presentación
contou cunha lectura de poemas a cargo de Rosalía Morlán, Susi Arca e
Loliña Chamadoira e cunha actuación musical de Manoele de Felisa e
Begoña Blanco. Tamén participaron no acto Xosé Luna, autor do limiar;
Amalia López Luchi, ilustradora; e Armando Requeixo.
Poesía a prol da diversidade
O
poemario Nobelo de luz inspírase na experiencia docente da autora para
narrar en primeira persoa os desexos e inquedanzas dun meniño especial
que ten dificultades para expresarse e ser comprendido. A obra apela á
esperanza para abrirlle os ollos á sociedade e concienciala de que
cómpre un mundo máis comprensible e comprensivo. En palabras de Xosé
Luna, autor do limiar, “Nobelo de luz é unha lección de vida para
entender que todos somos diferente(mente) iguais”. A obra conta coa
colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría
Xeral de Política Lingüística, e do restaurante Enxebre Porta do Sol de
Lamela.
A autora
A lalinense Charo Golmar desenvolve o
seu labor profesional como docente no CEIP Xesús Golmar de Lalín
(Pontevedra). Vencellada desde sempre ao mundo da literatura e da
cultura, é colaboradora asidua en obras colectivas e participante activa
en actos de recoñecemento a persoas relacionadas dos ámbitos cultural,
literario e docente. É, ademais, membro do Padroado da Fundación Xosé
Neira Vilas.
Entroutros galardóns, conta no seu haber con
recoñecementos poéticos e é autora de obras colectivas, como Libro dos
Reis Magos (2012), Homenaxe a Manuel María (2015-2017), Homenaxe a
Olimpio Arca Caldas (2016) ou Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda
(2017).
Ningún comentario:
Publicar un comentario