6 de xul. de 2020

A GUARDA

JULIA VAQUERO SOUSA: UNHA ATLETA DE RAZA

· A día de hoxe continúa en posesión da plusmarca española absoluta dos 5.000 metros, lograda en Oslo en 1996


De esq. á der.: Celso R. Fariñas, Asela, Julia Vaquero e Fernando Sierra compartindo uns momentos na vila de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Fai uns días, concretamente o xoves pasado día 2 de xullo, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas atopouse con Fernando Sierra (vella gloria do Sporting Guardés) e coa súa dona Asela, que viven en Vilagarcia de Arousa, e foron tomar un viño en pleno casco antigo da vila. E alí - como queda documentado na imaxe que ilustra esta breve crónica -, atopounos Julia Vaquero Sousa (Chamonix - Mont Blanc (Francia), 18 de setembro de 1970), atleta guardesa que participou nos XXVI Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, onde acadou un 9º posto na final dos 10.000 metros lisos. 

 E neste luns 6 de xullo de 2020, A Guarda volve a estar presente na memoria do Atletismo español, dado que tal día como hoxe, en xullo de 1996 - fai 24 anos - , Julia Vaquero, batía en Oslo, o récord de España de 5.000 metros lisos, plusmarca española absoluta con 14.44.96 que ainda continúa posuíndo.

  Por iso Julia Vaquero relembrou ese importantísimo logro deportivo decindo: "(...) Ole polos Galeg@s!!! A pesar de vivir neste recuncho, A Guarda está presente, faise oir...

 Como no Balonmán, máis a costa do esforzo de persoas altruistas, traballadoras e comprometidas por un labor social, como é o Deporte!!!

 Julia Vaquero é todo un referente para a nosa mocidade. Toda unha atleta de raza que ben merece que as institucións competentes saiban estar á altura do legado deportivo desta atleta guardesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario