9 de xuño de 2020

TURISMO

O blogueiro Alberto Rivas recala novamente na vila de A Guarda 

· Para impulsar o turismo da vila

De esq. a der.: a concelleira de Turismo, María Elena Baz; o alcalde Antonio Lomba e o blogueiro Alberto Rivas, na praia da Ribeira
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Goberno Local que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público que "dende este martes día 9 de xuño e ata o vindeiro xoves día 11 de xuño, o blogueiro Alberto Ribas @alvientoo, atópase na vila da Guarda para impulsar o turismo dende as súas canles en redes sociais, unha acción promovida dende o Departamento de Turismo do Concello da Guarda e que está enmarcada nas accións de reactivación económica postas en marcha polo Covid-19".   

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Turismo, María Elena Baz Rodríguez, déronlle a benvida a Alberto Ribas esta mesma mañá no Porto da Guarda, onde comezou a súa visita, destacando a importancia que teñen hoxe en día os blogueiros na promoción e difusión turística de destinos de relevancia como é o caso da Guarda, un municipio de interese turístico de Galicia.

 Ao longo destes días na Guarda contará as súas experiencias, destacando nas súas publicacións os diferentes espazos e infraestruturas turísticas da vila, visitando a lonxa, conversas cos percebeiros, visitas ao Monte Santa Trega, á Rede de Museos Municipal, á Praza de Abastos, ás praias, realizando tamén algunhas das ruta homologadas existentes no municipio, entre outras accións.  

 Ademais terá a oportunidade de facer chegar aos seus seguidores nas redes sociais o bo facer dos nosos hostaleiros, visitando varios establecementos da vila, onde degustará os pratos típicos da gastronomía guardesa, resaltando os produtos locais, como o caso da Rosca de Xema da Guarda. Do mesmo xeito terá a oportunidade de achegarse ao comercio local, visitando varios dos establecementos existentes, destacando a importancia do comercio de proximidade.  

 Alberto Ribas @alvientoo, xa visitara en 2019 a vila da Guarda, participando no Proxecto «Maridando coas xentes do Camiño. Blog Trip de gastronomía e encontros 2019». Ademais de ser finalista dos «10 Blogs máis populares de Fitur», está especializado en viaxes e gastronomía, e é xurado gastronómico e blogueiro convidado en campañas turísticas en México, Rumanía, Georgia, La Rioja ou Mallorca, conta con máis de 21.000 seguidoress en Instagram.

Ningún comentario:

Publicar un comentario