A Xunta de Galicia facilitou ata o de agora case 1.070.000 unidades
de protección aos concellos e centros sociais da provincia de
Pontevedra
O
delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,
destacou que dende o inicio do reparto entregáronse dende este
departamento case medio millón de unidades de protección na súa área,
dos cales 156.360 foron luvas e 114.152 máscaras
O
acumulado entregado aos concellos da área para os servizos municipais
suma a día de hoxe 278.225 unidades de protección, das que 38.706
enviáronse a cidade do Lérez
En canto ao cómputo dos centros sociais, de discapacidade, de igualdade. de maiores ou menores correspondente a área da Delegación pontevedresa o saldo é de 218.400 unidades
Infogauda / Pontevedra

José
Manuel Cores Tourís,delegado territorial da Xunta en Pontevedra
Foto: X.G.
Infogauda / Pontevedra
A Xunta de Galicia, a través da Delegación
Territorial de Pontevedra, vén de incrementar as unidades de protección
enviadas aos 47 concellos da área territorial e os centros sociais
cun novo envío esta semana. Deste modo, enviáronse en conxunto 27.700
luvas, 27.477 mascarillas e 1.985 traxes, gorros, mandís e batas de
protección, facendo un total de 54.477 unidades en conxunto, que inclúen
diversos produtos de limpeza e desinfección.
No que atinxe ao Concello de Pontevedra, reforzáronse os envíos anteriores con 2.500 luvas e outras tantas mascarillas, así como 91 traxes de protección.
Tal e como explicou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, con este último reparto, as unidades enviadas aos concellos e centros sociais da área pontevedresa suman un total de case medio millón de unidades.
Se o desagregamos por municipios, os 47 concellos da área territorial de Pontevedra suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 278.225 unidades de material de protección, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Así, foron 156.360 luvas, 114.152 máscaras e 5.438 traxes antisalpicaduras e batas, así como diversos produtos de desinfección. Deste total, o Goberno galego enviou 38.706 unidades para os servizos municipais do Concello de Pontevedra.
Atendendo ao reparto de case 70 centros sociais de discapacidade, igualdade. de maiores, menores e de xuventude correspondente á área pontevedresa o saldo é de 218.400 unidades en conxunto; 94.400 luvas, 114.480 mascarillas e 5.401 traxes antisalpicaduras e batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección e diversos produtos de desinfección e limpeza ata sumar un total de 1.802 unidades.
Concretamente, deste total esta semana recibiron en conxunto unha nova partida de material de protección composta por 16.000 luvas, 9.427 mascarillas e 1.340 traxes, batas e gorros.
En total, na provincia de Pontevedra, repartíronse xa 1.069.650 unidades de protección tanto a centros sociais coma a municipios.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área da Delegación de Pontevedra.
O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.
A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario