Galicia autoriza a pesca marítima recreativa atendendo
ás condicións do Estado sobre a práctica deportiva na situación de
alerta sanitaria polo coronavirus
Así o acordou hoxe o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria en Galicia (Cecop)
A Xunta autoriza esta actividade tendo
en conta que se trata dun deporte individual, que non require contacto
con terceiros e que permite gardar as distancias de seguridade
establecidas polo Ministerio de Sanidade
Esta interpretación foi trasladada previamente polas conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Mar ao ministro de Sanidade a través dunha carta sobre a que non se recibiu obxección algunha por parte do Estado
Tamén está permitido o acceso ás instalacións portuarias para comprobacións de seguridade e mantemento das embarcacións durante a fase 0 da reactivación tendo en conta que poden usarse para a práctica de actividades deportivas de acordo coa normativa estatal
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
Esta interpretación foi trasladada previamente polas conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Mar ao ministro de Sanidade a través dunha carta sobre a que non se recibiu obxección algunha por parte do Estado
Tamén está permitido o acceso ás instalacións portuarias para comprobacións de seguridade e mantemento das embarcacións durante a fase 0 da reactivación tendo en conta que poden usarse para a práctica de actividades deportivas de acordo coa normativa estatal
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia autoriza a actividade da pesca
marítima de recreo en calquera das súas modalidades, sempre e cando se
faga de xeito individual e respectando o establecido nas ordes estatais
sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non
profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria
ocasionada pola COVID-19 e a que fixa as condicións para a apertura ao
público de determinados comercios e servizos e a apertura de arquivos,
así como a práctica do deporte profesional e federado.
Así o
acordou hoxe o Centro de Coordinación Operativa da situación de
emerxencia sanitaria en Galicia (Cecop), que autoriza esta actividade
tendo en conta que se trata dun deporte individual ao aire libre, que
non require contacto con terceiros e que permite gardar as distancias de
seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidade. En base a isto, a
Administración autonómica interpreta que tanto a pesca marítima de
recreo como a pesca fluvial están entre as actividades permitidas na
fase 0 do plan de reactivación do Goberno central trala alerta sanitaria
polo coronavirus.
Esta interpretación foi trasladada previamente
polas conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles
Vázquez, e Mar, Rosa Quintana, ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, a
través dunha carta remitida o pasado 2 de maio e sobre a que non se
recibiu obxección algunha por parte do Goberno do Estado. Por iso, o
Executivo galego estima que a pesca fluvial e a pesca marítima
recreativa están autorizadas e a súa práctica queda enmarcada no que
establece o Estado en relación coa práctica de deporte durante a
situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
O Cecop
tamén aprobou o acceso ás instalacións portuarias (pantaláns e
varadoiros) para facer comprobacións de seguridade e mantemento das
embarcacións polos seus propietarios ou persoas debidamente autorizadas
durante a fase 0 da reactivación -vixente na actualidade- de acordo
tanto coas limitacións que en materia de desprazamentos estableza o
Executivo central e que rexan en cada momento como coas instrucións
publicadas por Portos de Galicia. De feito, esta medida ten especial
relevancia tendo en conta que na fase 0 poderán usarse embarcacións para
a práctica de actividades deportivas de acordo coa normativa estatal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario