27 de maio de 2020

A GUARDA

A deseñadora Tamara Baz "imprime" frases de cores nas rúas guardesas

· Trátase dunha iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda para conmemorar o Día do Libro, 2020

A deseñadora e ilustradora Tamara Baz Alonso, desenvolvendo seu labor na Alameda da vila
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Para conmemorar o Día do Libro 2020, a Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, entre as actividades realizadas este ano, propuxo a través das redes sociais aos seus lectores, que enviasen frases ou fragmentos dos seus libros favoritos.   

 Dese xeito, a iniciativa emprazou á cidadanía a escoller unha frase ou fragmento que despois foi compartida dende as redes sociais da Biblioteca. E cesta mesma semana comezouse a materializar a segunda parte desa proposta, que consiste no pintado destas frases en varios espazos públicos do termo municipal, aportando unha maior visibilidade e continuidade no tempo a esta actividade cultural.  



Intervención de Tamara Baz na praza de Santo Tomás, a carón das rúas Calvario e Manuel Rodríguez Sinde


 A deseñadora gráfica e ilustradora independente Tamara Baz Alonso (Camposancos - A Guarda, 1985), comezou a primeira hora da mañá de onte martes día 26 de maio, a pintar as frases e fragmentos literarios que se empregaron no Día do Libro 2020. Os lugares escollidos son 15 espazos en diferentes ubicacións da vila. 

 Para oa desenvolvemento do seu labor, Tamara Baz elixiu unha gama de cores e unha tipografía especial para a ocasión. Por iso, desde agora, a vila guardesa conta cun roteiro literario que poderán realizar todas aquelas persoas que o desexen.  

 Entre os lugares elixidos atópanse no exterior do Centro Cultural, a Alameda e varios enclaves urbanos, como a Praza do Reló, Avelino Vicente, San Marcos, Santo Tomás, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario