A Xunta de Galicia distribúe polo Día do Libro 4000 obras entre pacientes, acompañantes e persoal dos 14 hospitais públicos
A partir de hoxe e durante os vindeiros días poranse en circulación estes volumes que buscan fornecer dunha opción de lecer para quen así o desexe e visibilizar o importante papel que o libro galego desempeña dentro da sociedade
A
meirande parte dos libros escolmados seleccionáronse para lectores de
idades temperás e en galego, pero, en conxunto, procurouse cubrir a
diversidade de gustos e temáticas lectoras
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
Co gallo do Día do Libro, a Xunta de
Galicia distribúe en 14 hospitais públicos un total de 4000 libros
procedentes das adquisicións da Consellería de Cultura e Turismo a
editoras para o seu agasallo xeral e uso nas aulas hospitalarias. A
través desta iniciativa o Goberno autonómico pretende visibilizar o
importante papel que a industria do libro galego desempeña dentro da
sociedade, recoñecer o papel dos autores e fornecer dunha opción de
lecer cultural, relaxación e entretemento tanto aos alumnos das
devanditas aulas e as unidades de pediatría, como a aqueles pacientes
que pola súa enfermidade estean en disposición e desexen ler, os seus
acompañantes e persoal do SERGAS.
Escolma do libro galego
A
remesa está configurada de xeito maioritario por obras de literatura
infantil e xuvenil en galego, e inclúe unha compilación de títulos para
aproximarse ao patrimonio cultural e, especificamente, ao Camiño de
Santiago, con volumes como A peregrina gastrónoma, escrita por María
Canosa; pero, no seu conxunto procura cubrir a diversidade de gustos e
temáticas lectoras, incluíndose títulos clásicos, obras arredor do
persoeiro ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galega, Ricardo
Carvalho Calero, ou monografías de sabios do país como Astronomía. A
ollo ceibe de Ramón María Aller.
Os centros nos que se realizará
son o Hospital Público do Barbanza, o Complexo Hospitalario
Universitario de Pontevedra, o Hospital Público Virxe da Xunqueira, o
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Complexo Hospitalario
Universitario de Ferrol, o Complexo Hospitalario Universitario da
Coruña, o Hospital Público de Valdeorras, o Hospital Público de Verín,
Hospital Público de Monforte, o Complexo Hospitalario Universitario de
Ourense, o Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, o Hospital
Público da Mariña, o Hospital Público do Salnés e o Complexo
Hospitalario Universitario de Vigo.
Iniciativa dentro de #aculturasegue
Esta
iniciativa súmase ás distintas propostas que desde as bibliotecas,
museos e arquivos xestionados pola Xunta de Galicia foron concibidas
para celebrar o Día do Libro cun amplo abano de actividades online e
abertas a toda a cidadanía, como concursos en redes sociais, exposicións
virtuais ou publicación de catálogos e outros materiais en formato
dixital.
Con todas elas preténdese un obxectivo común: visibilizar
e valorar o traballo do sector do libro e do ecosistema cultural
galego, fomentar a lectura, sobre todo en idades temperás, e seguir
outorgándolle ao libro todo o protagonismo que merece, con especial
énfase neste contexto de confinamento.
Todas estas propostas
inclúense na iniciativa #aculturasegue da Xunta. Un cancelo que busca
recoñecer o papel sobresaínte que os nosos creadores e axentes culturais
tiveron e teñen na construción social de Galicia, ao tempo que ofrece
opcións de ocio dixital de calidade e plural no ámbito do fogar, que
propicien a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas
culturais. Ademais de seguirse nas redes sociais, pode consultarse en cultura.gal/aculturasegue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario