15 de abr. de 2020

ÁREA SOLIDARIA

#CruzRojaResponde 

  Célula de xestión e seguimento   
Foto: Cruz Vermella Española


Informa: Cruz Vermella 
 

 Cidadáns@s (Ti tamén estás aquí incluído), é tempo de estar na casa pero tamén é tempo de darnos apoio, por iso lanzamos este novo servizo 
#CruzRojaTeEscucha. 

  Un novo proxecto desenvolvido, dentro do noso Plan Cruz Vermella Responde, co que ofrecemos axuda psicolóxica a todas as persoas que o necesiten fronte á crise do Coronavirus, por circustancias de enfermidade, soidade, idade avanzada, perda de emprego, diversidade funcional ou falta de vivenda. 

 Tamén ofrecemos o noso apoio a todas aquelas persoas que perderon a un ser querido ou conviven preto con algunha persoa gravemente afectada por esta enfermidade. 

  Se nos necesitas, chámanos. Estamos dispoñibles de luns a venres, de 10 a 14 h e de 16 a 20 h, ao teléfono 900 107 917.

Ningún comentario:

Publicar un comentario