En resposta ao deputado Néstor Rego, do BNG
O GOBERNO ESPAÑOL INFORMA QUE XA SE CORREXIU Á SITUACIÓN DA DELEGACIÓN LOCAL DO ISM
O GOBERNO ESPAÑOL INFORMA QUE XA SE CORREXIU Á SITUACIÓN DA DELEGACIÓN LOCAL DO ISM
"(...) O Goberno é moi consciente da importancia de manter operativas todas as oficinas do Instituto Social da Mariña e non ten intención algunha de pechar ningunha delas (...)"
Néstor Rego Candamil, deputado do BNG, pertencente ao Grupo Parlamentario Plural, no Congreso dos Deputados
Foto: Congreso dos Deputados
Infogauda / A Guarda
En relación á situación da Delegación Local do Instituto Social da Mariña (ISM), na localidade de A Guarda, da cal informamos oportunamente neste xornal dixital; o deputado do BNG por A Coruña, Néstor Rego Candamil, pertencente ao Grupo Parlamentario Plural, no Congreso dos Deputados, e adscrito - entre outras - á Comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migracions; presentou en data 24 de febreiro de 2020, unha pregunta escrita (rexistrada co nº 184/5378), interesándose polo mantemento do funcionamento das oficinas do ISM na localidade guardesa. Dese xeito, de acordo coa documentación a cal tivemos acceso, sabemos que con data 7 de abril, a Secretaría Xeral do Congreso dos Deputados trasladoulle ao devandito deputado nacionalista, á posición do Goberno español.
A resposta do executivo que preside Pedro Sánchez - que obviamente foi emitida en castelán, e que nós decidimos traducir ao galego - foi á seguinte:

"En relación coa iniciativa de referencia sinálase que, a data 23 de marzo de 2020, a Dirección Local do Instituto Social da Mariña na Guarda (Dirección Provincial de Vigo) do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, conta cun total de tres dotacións, das cales soamente se atopa sen cubrir unha (vacante desde a último macro concurso da Administración da Seguridade Social, con efectos 20 de xaneiro de 2020), aínda que é certo que un dos dous efectivos actualmente áchase en situación de baixa. En todo caso, a situación que se recolle na pregunta da súa Señoría xa se corrixiu, podendo prestar os seus servizos todos os días da semana.
O Goberno é moi consciente da importancia de manter operativas todas as oficinas do Instituto Social da Mariña e non ten intención algunha de pechar ningunha delas, nin de reducir o horario de atención ao público, salvo en situacións excepcionais como a existente neste momento, como consecuencia da emerxencia sanitaria producida polo COVID19 e a declaración do estado de alarma, que adoptou a medida de pechar todas as oficinas para a atención ao público de forma presencial.
Con todo, é necesario sinalar que o feito de que nun momento excepcional póidase restrinxir o horario de atención ao público presencial non implica que se estea interrompendo o servizo xa que, como consecuencia do desenvolvemento da administración electrónica, é posible realizar practicamente calquera xestión administrativa a través de internet.
Por último, indícase que o Goberno ten moi clara a importancia do Instituto Social da Mariña en todo o territorio galego, do seu arraigamento e valoración polo sector marítimo pesqueiro, que neste sentido trasladouno en numerosas ocasións, e consciente diso, acometeranse todas as accións necesarias, como xa vén facendo, para reforzar os persoais e seguir ofrecendo os servizos coa calidade que o sector merece.
Madrid, 07 de abril de 2020"
Ningún comentario:
Publicar un comentario