A XUNTA DE GALICIA PON A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS DA ÁREA TERRITORIAL DA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA 62.759 UNIDADES DE PROTECCIÓN
· Repartíronse 13.242 mascarillas e 47.580 guantes, así como 102 gafas e 1.835 buzos, atendendo as peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP
Corina Porro e José Manuel Cores Tourís, delegados da Xunta de Galicia en Vigo e Pontevedra, respectivamente
Fotos: Wikipedia e Senado
Infogauda / Pontevedra
A Xunta de Galicia, a través da delegación territorial de Pontevedra, vén de facer público que “levou a cabo ao longo desta semana o reparto entre os concellos da provincia de material urxente de protección para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais.
Concretamente, repartíronse un total de 62.759 unidades de protección: 13.242 mascarillas, 47.580 guantes, 102 gafas e 1.835 buzos entre 46 concellos da área territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra”.
Desde a devandita delegación territorial de Pontevedra tamén recordan que “o Posto de Mando Avanzado segue a traballar para continuar recollendo máis material de cara a próximas entregas. O PMA de Pontevedra está composto polos delegados da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e de Vigo, Corina Porro, así como representantes de todas as xefaturas territoriais, representantes de emerxencias e da policía autonómica.
Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información.Ademais, actúa como un punto de información para os concellos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario