As televisións de habitacións de pacientes xa son gratuítas en varios centros hospitalarios
Comezouse o pasado luns, e os hospitais de Santiago, Vigo, Pontevedra, A Coruña, A Mariña e Ferrol xa a teñen operativa, e hoxe e mañá quedará implantada en Lugo e Monforte
A Xunta de Galiciaxa deu instrucións, o pasado luns, a todos os centros do Sergas para que se habilite esta medida
Esta actuación enmárcase como complemento á restricción de acompañamento nos centros sanitarios, de limitación dun acompañante por paciente
Infogauda / Galicia
Todos os hospitais da rede do Servicio Galego de Saúde están a
facilitar a gratuidade das televisións das habitacións de pacientes que
son de pago. Empezouse o pasado luns e, na actualidade, esta medida xa
está implantada nos hospitais de Santiago, Vigo, Pontevedra, e A Coruña;
así como no Hospital da Mariña e de Ferrol.
Mañá implantarase
tamén nos hospitais de Lugo e Monforte. A Xerencia da área de Ourense
está a traballar para buscar a solución técnica que permita facer
operativa esta medida canto antes.
Esta actuación está enmarcada
como complemento das medidas preventivas especiais nos centros
sanitarios en materia de Saúde Pública, co obxectivo de manter unhas
boas prácticas de prevención e contención da enfermidade. En concreto,
coa medida de limitación a unha persoa como acompañante do paciente
durante a estadía no centro sanitario. O obxectivo é facilitar e
mellorar a estadía dos pacientes ingresados.
O pasado luns 16 de
marzo, a Xunta deu instrucións a todos os centros do Servizo Galego de
Saúde para que todas as televisións das habitacións de pacientes que
tivesen televisión de pago, pasasen a ser de uso gratuíto. Esta
instrucción estivo condicionada ás dificultades técnicas de execución
das mesmas (que precisasen cambiar instalacións en habitacións ou
similares) e, nese caso, solicitábase a busca de alternativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario