TRANS MIÑO-LGTBIQ+ ESTABLECEN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PACTO SOCIAL CONTRA O VIH
Asociación Trans Miño e de Trans Miño- LGTBIQ+ / A Guarda
Tras estudar as condicións para a firma do Pacto Social pola non Discriminación e a Igualdade de Trato Asociada ao VIH, a xunta directiva da Asociación Trans Miño e de Trans Miño- LGTBIQ+, autorizaron ao presidente da mesma a asinar o devandito documento.
O devandito documento que xa asinalon compromete á Asociación Trans Miño a:
1. Favorecer a igualdade de trato e de oportunidades das persoas WIH.
2. Traballar en favor da aceptación social.
3. Reducir o impacto do estigma nas persoas co WIH.
4. Xerar coñecemento que oriente as políticas e accións fronte á discriminación.
Sendo a adhesión ao Pacto Social asumir un compromiso de eliminar o estigma e a discriminación asociados ao WIH e á sida.
Estes traballos xa o estamos facendo desde a nosa fundación con campañas informativas, como a que fixemos o Dia Internacional para a Internacional para Erradicación do WIH - SIDA conxuntamente coa Asociación Érgete Baixo Miño, o pasado 1 de decembro do 2019, na praza Avelino Vicente onde repartimos preservativos e ofrecemos información.
Así como o Concello da Guarda, nos ceda un local no Sinde Vello, tal e como se comprometeu a concelleira de Igualdade, tras a xuntanza que tivemos o día 19 de febreiro do 2020 faremos actividades previstas neste pacto así como o reparto de condóns e material para a prevención das ITS.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario