14 de mar. de 2020

A GUARDA

Novas medidas adoptadas en prevención fronte ao coronavirus COVID-19 na Guarda 

• A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de novas medidas de contención extraordinarias.

Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda 
Foto: C.A.G.


Informa: Concello de A Guarda

 Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19. 

 Novas medidas: 

• Peche dos parques infantís. 
• Peche do Albergue Municipal. 
• Prohibición do acceso aos espazos deportivos ao aire libre: pista de skate, petanca, etc. 
• Peche do Punto Limpo Municipal. 
• O Concello da Guarda enviará aos seus domicilios a todos os traballadores que formen parte dos grupos de risco ou teñan familiares nos grupos de risco. 

 Así mesmo, o Concello, despois de ser informados polos párrocos da localidade, traslada que non se van a celebrar funerais, nalgunha parroquia se celebrarán misas con aforos limitados e se dispensa aos feligreses da obrigatoriedade de asistir aos oficios relixiosos. 

 O Concello seguirá prestando os servizos básicos á cidadanía e faise un chamamento á comprensión por parte de todos os guardeses e guardesas para facilitar a xestión desta crise. 

 As medidas adoptadas estarán vixentes ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario