28 de feb. de 2020

O ROSAL

O Rosal pon en marcha un ciclo de charlas "para que a reciclaxe non soe a chino" 

Percorrerá os diferentes barrios do concello durante o mes de marzo   

Sara Vicente Salcidos, concelleira de Medio Ambiente, e Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Concello do Rosal, co cartel do ciclo de charlas
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal porá en marcha este mes o ciclo de charlas ‘Li-xo, que non che soe a chino’, unha serie de encontros por diferentes barrios do municipio para explicar á veciñanza como funciona a xestión do lixo que se produce nas casas e resolver calquera tipo de dúbida sobre a reciclaxe.  “Queremos compartir coa veciñanza o noso interese e compromiso na xestión sustentable do lixo no Concello, unha cuestión moi importante dado que a xestión do lixo supón o 10% do gasto municipal”, aseguran dende o departamento de Medio Ambiente.  



 Serán en total once charlas abertas a todos os públicos que comezarán o vindeiro martes 3 de marzo e rematarán o 2 de abril. O calendario será o seguinte: 

- Martes 3 de marzo (11.00 h). Centro Social de Eiras. 
- Xoves5 de marzo (11.00 h). Escola do Maio (Tabagón). 
- Xoves 5 de marzo (19.00 h). Sociedade de Veciños de San Miguel. 
- Martes 10 de marzo (11.00 h). Escola de Marzán. 
- Xoves 12 de marzo (17.00 h). Escola de Novás. 
- Martes 17 de marzo (11.00 h). Escola de San Xián. 
- Martes 24 de marzo (11.00 e 17.00 h). Biblioteca Municipal (Calvario). 
-  Xoves 26 de marzo (17.00 h). Asociación de Veciños Río Folón (Fornelos). 
- Martes 31 de marzo (20.00 h). Bar San Martiño (Martín). 
- Xoves 2 de abril (19.00 h). Escola de Pías. 

 Estes horarios poden estar suxeitos a modificacións. No caso de que algún deles cambie, o novo horario comunicarase á veciñanza coa suficiente antelación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario