24 de feb. de 2020

LECER

O club Andatui organiza unha saída ao Parque Nacional Peneda - Gerês

O Castro Laboreiro da transhumancia

Sábado 21 de marzo de 2020

Ponte romada da Cava da Velha, sobre o río Castro Laboreiro (Portugal)


Informa (fotografía e redacció): Club deportivo Andatui Regodapedra  

 O club Andatui informa que o sábado 21 de marzo realizará unha saída ao Parque Nacional Peneda - Gerês, nesta ocasión a Castro Laboreiro para facer o trilho Castrejo, unha ruta entre brandas e inverneiras.  

 Ruta, duns 20 quilómetros, na que percorreremos os camiños da transhumancia dos antigos pastores castrexos. Comezaremos visitando os restos do Castelo-Fortaleza, para despois coller camiño as brandas e as inverneiras. Tamén visitaremos a capela da senhora de Anamão e cruzaremos por varias pontes medievais como as de Varziela, Cava da Velha ou a da Assureira. Pasaremos polo Bico do Patelo (formación pétrea onde poderemos «imaxinar a un pato ou a unha aguia» divisando o val) e, xa no tramo final, subiremos pola carballeira de Barreiro e pola lagoa de Gontamil para rematar en Castro Laboreiro onde veremos a igrexa de santa María da Visitação e o Pelourinho.  

 Só dispomos de 40 prazas, a un prezo de 10 euros por participante.  

 Xa está na páxina www.andatui.es toda a información e o formulario de inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario