NOVA REUNIÓN DO SECTOR COMERCIO
Este mércores día 12 de febreiro, ás 20:45 horas, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O pasado mércores día 29 de xaneiro de 2020, máis dunha vintena de comerciantes guardeses, xunto con representantes das asociacións ACIGU e Mercaguarda, participaron nunha reunión convocada dende a Concellería de Desenvolvemento Local do concello de A Guarda.
A concelleira Fátima Rodríguez Marcos, quixo comprobar de primeira man os resultados da
pasada Campaña de Nadal 2019/20 de cara a avaliar os resultados e as
repercusións sobre o tecido comercial da vila.
Tal e como indicou Fátima Rodríguez “a implicación e participación dos empresarios e comerciantes da vila é fundamental para concretar accións que repercutan directamente sobre os negocios da vila, e é por esta razón que se convoca novamente a unha reunión de seguimento o vindeiro mércores día 12 de febreiro ás 20:45h na Casa dos Alonso, de cara a analizar os resultados das enquisas realizadas, propoñer unha estratexia a seguir, así coma as oportunidades existentes co Camiño de Santiago e o ano santo 2021”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario