14 de feb. de 2020

A GUARDA

Camiño Portugués da Costa

O comercio guardés estuda as oportunidades que ofrécelle esta ruta xacobea
  
Vista parcial das persoas que asistiron á reunión celebrada na Casa dos Alonso
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Promovida pola Concellería de Turismo e a Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de A Guarda, ven de celebrarse unha reunión adicada ao comercio onde se traballou sobre Camiño Portugués da Costa e as oportunidades de negocio en vista do seu crecemento ano a ano e a próxima celebración do Ano Xacobeo en 2021, unha xuntanza que estivo .  

 Segundo indicou Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local "esta reunión ideouse como unha xornada informativa do Camiño Portugués da Costa, da súa evolución e impacto dende a aprobación parlamentaria alá polo 2009. Dende o 2010, coa apertura do albergue municipal e o pintado da sinalización, o número de peregrinos foi aumentando de ano a ano. Destaca o incremento nun 70% dos peregrinos aloxados no albergue dende a súa oficialización en 2016 ata o 2019.  

 Para dar un servizo de calidade aos peregrinos que visitan A Guarda é importante que todos os servizos, o comercio e a hostalaría coñezan as necesidades específicas dos peregrinos e se traballe dun xeito unificado".  

No centro da imaxe, Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local escoita á intervención de Rosalía Verde Pérez, técnica de Turismo do Concello de A Guarda


 A Oficina de Turismo, ubicada na Praza do Reló, ademais de atender aos peregrinos, está dispoñible para clarexar calquera dúbida como que é un credencial, cales establecementos poden selar, onde se pode mercar o credencial, horarios do transbordador, e, en xeral, toda á información que se precise a nivel turístico e técnico.  

 "A finalidade desta reunión - salientan desde o Goberno Municipal - foi a de mellorar a atención ofertada aos peregrinos e que se estableza unha comunicación eficaz entre a Oficina de Turismo e os establecementos comerciais, para que os peregrinos poidan estar informados adecuadamente e tamén que o sector comercial teña en conta esta nova oportunidade de negocio, cun nicho de mercado novo e con moitas posibilidades, cunhas demandas concretas e que precisa dunha atención especializada".   

 Unhas das accións proposta foi a posta en marcha dun boletín de información práctica para os peregrinos. Os establecementos interesados poderán incluír os servizos e atencións dirixidas aos peregrinos no mesmo. Para isto é preciso que os establecementos remitan  un correo electrónico a turismo@aguarda.es ou ben que contacten no teléfono 986 614 546.  

 Outra das accións obxecto de estudo é a identificación dos establecementos que teñan unha atención específica ao peregrino mediante un distintivo visible no exterior do mesmo.  

 Para calquera dúbida ou consulta poden contactar no teléfono 986 614 546, por WhatsApp no 620 795 901 ou ben en turismo@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario