28 de xan. de 2020

VIGO

GALEGAS 8M DE VIGO ESTÁ PREPARANDO Á CONVOCATORIA DO 8 DE MARZO DE 2020



 Galegas 8m de Vigo / Vigo

 O grupo de Galegas 8m de Vigo, quer informar, a través deste comunicado que, tras ter comezado no mes de decembro as reunións para preparar a convocatoria do 8 de marzo de 2020, os grupos de traballo comezarán a activarse na cidade, có fin de traballar para o convocatoria de mobilización do propio 8 de marzo, así como, de diferentes actividades e mobilizacións que terán lugar en Vigo ate esa data.      

 Galegas8m naceu hai tres anos coa idea de repensarmos o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Así diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos rede e comezamos a traballar na organización dunha mobilización nacional, que fose quen de unir á diversidade do feminismo galego baixo o paraugas da Asemblea Galegas 8M.                    

 Este ano, convocaremos unha manifestación nacional o vindeiro 1 de marzo en Verín, transformando esta vila na capital do feminismo galego. A través desta convocatoria solidarizámonos coa loita exemplar que desempeñaron as compañeiras de Verín fronte a privatización e precarización dos servizos públicos de saúde, denunciando a violencia institucional que exerceron durante meses contra as mulleres da comarca, pechando a sala de partos e asurxencias pediátricas; obrigando ás nais e ás crianzas neonatas a desprazarse ao hospital de Ourense, pormor dunha decisión patriarcal baseada en criterios políticos e económicos.      

 Para este domingo 8 de marzo,  acordamos non convocar e facer unha aposta polo debate e mobilización social, poñendo os coidados no centro das nosas reivindicacións tanto da mobilización nacional do 1 de marzo como nas locais do vindeiro 8 de marzo. 

 Porque o traballo de coidados debe ser o centro e motor da vida. Visibilizaremos o que está invisibilizado. Porque a meirande parte do traballo dos coidados realízase sen remuneración algunha, pese a que a gratuidade do seu labor aforra custes de saúde, coidado de crianzas, do fogar, das persoas con dependencia, da labranza das terras. E cando estes traballos son remunerados, realízanse en condicións de precariedade e son infravalorados tanto social como economicamente.  

 Baixo o lema SEN COIDADOS NON HAI VIDA. Mudando o sistema, derrubando o patriarcado denunciaremos tamén a dominación e a destrución da natureza por parte do capitalismo e do patriarcado, apostando por recuperar toda esa rede de produción, distribución e consumo ecolóxico, solidario e responsábel que durante séculos impulsaron as mulleres no rural galego, combatendo a espoliación do noso territorio, dos nosos bens naturais.  

 As mulleres sairemos ás rúas este e todos os 8 de marzo que faga falla! Porque temos a forza para conquistar ese mundo tamén noso, xusto e igualitario. Porque o noso camiño cara a eses obxectivos foi, e será sempre, continuar sendo insubmisas, rebeldes e loitadoras!

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario