31 de xan. de 2020

TOMIÑO

Este sábado, no Mercado Municipal, dúo Raiceira, con melodías populares extraídas da tradición oral 

O concerto é o primeiro da Axenda de Primavera organizada polo Concello, e comezará ás oito da tarde  



 Infogauda / Tomiño

 Esta fin de semana contaremos co concerto de Raiceira, un proxecto que nace da idea de reinterpretar melodías populares extraídas da tradición oral galega. 

 O dúo formado por Sabela Vázquez (cello) e Carme López (voz, percusións e gaita), busca alcalzar un son particular e diferente, onde se mistura unha parte máis tradicional, enmarcada na voz e as percusións de man, con outra máis alonxada do popular, resultado das harmonías que aporta o violonchelo.  

SÁBADO 1 DE FEBREIRO, ÁS 20:00 H NO MERCADO MUNICIPAL. Entrada de balde.

 Gravación en directo de Raiceira: https://www.youtube.com/watch?v=IAW2zJjIMak

Ningún comentario:

Publicar un comentario