31 de xan. de 2020

TOMIÑO

O Concello solicita 24 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra 

As persoas aspirantes deben estar empadroadas en Tomiño e estar inscritas no SPEG coma demandantes de emprego
   

 Infogauda / Tomiño

 O Concello solicita 24 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, Liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. As persoas aspirantes deben estar empadroadas en Tomiño e estar inscritas no SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) coma demandantes de emprego non ocupados e dispoñibles, tanto no momento da sondaxe, coma no da contratación.  

 No seguinte enlace pode consultarse a información completa:

Ningún comentario:

Publicar un comentario