A legalidade do Talaso Atlántico de Oia segue no aire
Grupo Municipal Socialista / Oia
A pedimento do Grupo Municipal Socialista, este mércores día 22 de xaneiro de 2020, celebrouse no Concello de Oia, un pleno de carácter extraordinario, para coñecer e solicitar información sobre a situación actual do Talaso Atlántico.
Ante as dificultades presentadas para a realización deste pleno, solicitado en prazo, non sendo convocado no prazo legal de 15 días por parte da alcaldesa de Oia, e tendo que ser convocado finalmente por parte da secretaria municipal segundo o artigo 46.2; a alcaldesa de Oia contratou un técnico para a redacción do PEID co fin de legalizar parcialmente o Hotel Talaso Atlántico sito en Mougás – Oia. Este Plan foi realizado con cargo ao erario público cun custo de 10.587,50€ IVE incluído, que pagamos todos os veciños de Oia, coa finalizade de dilatar a resposta ao requirimento do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra de data 14/02/2019 sobre a imposición á alcaldesa de multas coercitivas polo incumprimento da sentenza recaída sobre o establecemento de talasoterapia.
Baixo o punto de vista do PSdG-PSOE de Oia este plan ten escaso percorrido, xa que a Consellería Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no seu escrito de data 12/07/2019, xa indicaba que para “dar servizo ás instalacións de talasoterapia é necesario manter acometidas a redes de abastecemento de augas e saneamento, antes de iniciar a tramitación do Plan Especial, informando cun mes de antelación sobre a suficiencia das devanditas infraestruturas existentes e previsións.”
O informe emitido polos técnicos municipais con data de 25/09/2019, indica que no lugar onde se empraza este establecemento de talasoterapia non se dispón de rede de saneamento municipal, nin rede de abastecemento municipal de augas, chegando á conclusión que se descoñece tanto o sistema de evacuación de augas residuais, como o sistema de abastecemento de augas do devandito establecemento de talasoterapia.
A todo o anteriormente citado, hai que engadir o posible risco dun prexuízo económico para as arcas municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario