8 de xan. de 2020

GOIÁN (TOMIÑO)

A PELÍCULA ITALIANA LAZZARO FELIZ NO CINECLUB POLEIRO

Este xoves día 9 de xaneiro de 2020, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián


Rita Alonso Pérez / Goián

 O xoves, 9  de xaneiro ás 21:30 horas, no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta a película de cine fantástico, LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohrwacher, premiada ao Mellor Guión, en Cannes e o Premio Especial do Xurado, en Sitges (2018).             

 Sinopse: Lazzaro, un campesiño de excepcional bondade vive nunha aldea, lonxe do mundo, controlada pola marquesa Alfonsina de Luna. Alí os campesiños son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comeza unha amizade que leva a Lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.   

PREMIOS:  
2018: Festival de Cannes: Mellor guión (ex aequo) 
2018: Premios do Cine Europeo: 4 nominacions incluindo mellor película 
2018: Festival de Sitges: Premio Especial do Xurado 
2018: Premios David di Donatello: 9 nominacions, incluída mellor película e director   

 O Cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario