OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS PREPÁRANSE PARA A XXIII PALETADA LACONADA DE SAN AMARO
Celebrarase o sábado día 18 de xaneiro de 2020, ás 13:30 horas, do Hotel Muíño
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Unha das celebracións de moito arraigamento - senón a que máis - en Camposancos, é a festividade de San Amaro, abade, que nesta parroquia guardesa está considerada coma “a primeira romaría do ano”.
As celebracións eclesiásticas, terán lugar, como ven sendo costume, na igrexa parroquial da Visitación de Santa María, onde o domingo día 12 de xaneiro, ás 12:00 horas, oficiarase unha misa solemne, na honra de San Amaro, cantada pola Coral “Ecos do Folón”, de Fornelos (O Rosal), co correspondente sermón e a procesión polo itinerario de costume, co acompañamento do Grupo de Gaitas “Xamaraina”, de A Guarda.
Ás 19:00 horas, haberá unha misa cantada na honra do santo.
Asemade, o mércores día 15 de xaneiro, ás 11:00 horas, conmemorarase a festa litúrxica de San Amaro, cunha misa cantada na honra do santo.
E ás 19:00 horas, haberá unha misa rezada na honra de San Amaro, por todos os seus devotos falecidos durante o ano.
Ás 19:00 horas, haberá unha misa cantada na honra do santo.
Asemade, o mércores día 15 de xaneiro, ás 11:00 horas, conmemorarase a festa litúrxica de San Amaro, cunha misa cantada na honra do santo.
E ás 19:00 horas, haberá unha misa rezada na honra de San Amaro, por todos os seus devotos falecidos durante o ano.
Máis sen lugar a dúbidas, a tradición con máis adeptos é a Paletada-Laconada, que como dixo a este cronista o presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez (Nando), “é a celebración anual máis íntima e arraigada entre os veciños de Camposancos”.
Asemade, o portavoz dos comuneiros camposinos lémbranos: “O próximo sábado día 18 de xaneiro a Comunidade de Montes de Camposancos organizamos a XXIII Paletada-Laconada (paleta e lacón, chourizo, patacas e berzas, aperitivos, postre, viño, café e chupitos).
Xa pola mañá a treboada miñota Os Terribles, de Tomiño, ao son das gaitas e bombos anunciará a festa percorrendo o pobo, e despois da comida o trío Nostalgias convidaranos a desgastar os excesos gastronómicos con música bailable”.
En decraracións a este redactor, José Fernando Martínez salienta: “Este evento festivo ben poderíamos chamalo a Festa da Cañota. Era típico que os mozos arrincasen unha cana coa raíz para encher de rosquillas, xa que o día 15 de xaneiro é San Amaro (decimos eiquí Sanamaro), e dende xa fai 23 anos o grupo responsable da Comunidade de Montes tivemos a idea de convocar o pobo, así como a todos veciños da contorna que o quixesen, para rememorar unha costume dos nosos antergos, xa perdida e non esquecida. Que o día do Santo para poder ir a misa e procesión, os mais dos veciños tiñan a tradición de deixar a paleta do porco con chourizo a cocer para o chegar a casa uns, sentarse a mesa directamente, e outros, os mais festexeiros coller o perola e ir para o torreiro da festa e comer en comunidade veciñal disfrutando da romaría.
Hoxe é imposible seguir a tradición tal cal, porque en día laboral xa non é posible, e decidimos que fose o sábado mais próximo o día 15 festividade de San Amaro. A idea abofé que foi acertada, xa que estamos moi perto do 25 aniversario.
Escomenzamos organizándoa nunha carpa no torreiro de San Amaro, que pasados uns anos por mor do tempo - en inverno pode pasar de todo -, decidimos levala para o antigo Colexio dos PP. Xesuitas ata o ano 2017, en que polo mal estado do inmoble entendemos que sería mellor celebrar a festa no Hotel Muiño, na Praia do Forte de Camposancos. O cambio foi todo un acerto”.
PREZOS DO TICKETS, DATAS E LUGAR PARA ADQUIRILOS
Os prezos dos tickets para participar na XXIII Paletada - Laconada, son os seguintes:
Prezos Comuneiras/os
· Nenas/os de 0 a 10 anos: de balde
· A partir dos 10 anos e adultos: 5 euros
Prezos non Comuneiras/os
· Nenas/os de 0 a 5 anos: de balde
· Nenas/os de + 5 anos a 10 anos: 9 euros
· A partir dos 10 anos e adultos: 18 euros
Os tickets pódense adquirir os días 13 e 14 de xaneiro de 18:00 a 21:00 horas, e o 15 de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, na Casa de Montes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario