Cunha participación de 310 comensais
COMUNEIROS E VECIÑOS DE CAMPOSANCOS GOZARON COA XXIII PALETADA LACONADA DE SAN AMARO
COMUNEIROS E VECIÑOS DE CAMPOSANCOS GOZARON COA XXIII PALETADA LACONADA DE SAN AMARO
Vista parcial dos comensais que participaron na XXIII Paletada Laconada organizada pola xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos
Fotos: C.MM.VV.M.C.
Fotos: C.MM.VV.M.C.
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Logo de haber pechado ás 21:00 horas do xoves día 15 deste mes, a venda de tiques para a XXIII Paletada Laconada, organizada pola xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, na que segundo ás previsións superáronse os 300 comensais; no día de hoxe sábado 18 de xaneiro de 2020, chegou a data para a agardada celebración gastronómica.
A xornada deste sábado comezou cun animado pasacalles polas rúas da parroquia de Camposancos, a cárrego da treboada miñota Os Terribles, de Tomiño, que ao son das gaitas e a característica percusión -con grandes bombos e caixas -, relembraron a toda á veciñanza que hoxe é o día grande para todos os camposinos, amigos, familiares e convidados, para gozar do tradicional xantar - a Paletada Laconada - co gallo da festividade de San Amaro, que si ben tivo lugar o pasado día 15, a celebración gastronómica ven sendo o sábado inmediatamente posterior a esa data.
E ao fío das 13:30 horas de hoxe, nos salóns do Hotel Muíño, a carón da inigualable Praia do Forte, en Camposancos, daría comezo o evento, no cal, de acordo coa tradición, os 310 comensais de todas as idades, que participaron nesta edición compartiron plácida e confortablemente, un suculento xantar no que houbo: Aperitivos, paleta e lacón, chourizo, patacas e verzas do país, sobremesas, viños galegos (Ribeiro branco e tinto Mencía), café e chupitos.
José Luis Savariz - no centro da imaxe - correspondendo cos aplausos e parabens que lle brindaron todos os comensais polo seu cumpleanos
Rematada a abondosa comida, foi homenaxeado o comuneiro Luis Savariz Díaz, por celebrar hoxe seu 87 cumpleanos e por haber sido un dos fundadores da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos e membro da xunta reitora ao longo de dúas décadas. Por eses fermosos e plenamente xustificados motivos, Mario Baró e Juan Bande co seu grupo de acordeóns ofreceron un entrañable concerto e interpretaron o tradicional "Cumpleanos feliz".
E logo dos parabens a Luis Savariz Díaz, sería o trío Nostalgias o que puxo á música e as voces para amenizar un animado baile que se prolongou ata ben entrada a noite.
En decraracións a este cronista, o presidente da xunta reitora dos comuneiros de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez fíxonos a seguinte valoración: "Asegúroche que estou moi ledo. Os comentarios que me chegaron foron moi bos".

Dese xeito, os membros da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, voltaron a rexistrar un incuestionable éxito de organización e participación, que con certeza anímaos a afrontar este 2020 coa afouteza lles caracteriza, desenvolvendo traballos nos montes comunais, que é o labor principal das comunidades de montes, e ao mesmo tempo, orgaizando ao longo dos doce meses do exercicio anual, actividades culturais abertas a toda á veciñanza de Camposancos e da contorna, motivo polo cal, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos é todo un referente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario