10 de xan. de 2020

A GUARDA

«Igual a nós» 

A actividade de dinamización en igualdade chegará este mes a nosa vila

O venres 31 de xaneiro ás 20:00 horas, no Centro Cultural


Infogauda / A Guarda 

 A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas «Igual a Nós» e orientadas principalmente a mulleres maiores.   

 Na Guarda, esta actividade realizarase o venres 31 de xaneiro ás 20:00 horas no Centro Cultural da vila, onde potenciarase o uso das novas tecnoloxías e converterase nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres.   

 A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media e dividirase en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica e, en segundo lugar, nun coloquio para afondar e debater os conceptos abordados na representación como a corresponsabilidade, coeducación, aplicación EscApp, entre outros. O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.  

 A entrada é de balde. 

 Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando co Centro de Información á Muller da Guarda no teléfono 986 610 000 (ext. 4025) ou a través do enderezo electrónico muller@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario