23 de dec. de 2019

TUI

A Xunta de Galicia mantén unha xuntanza coa plataforma de afectados pola explosión da pirotecnia de Paramos  

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantiveron esta mañá unha xuntanza cos afectados onde lle reiteraron o apoio do Goberno galego  

Alfonso Rueda lembrou que a Xunta foi a primeira Administración en actuar, habilitando nun tempo récord o decreto de axudas 
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela - no centro da imaxe -, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís  - a dereita da fotografía -, na mañá de hoxe en Paramos
Foto: X.G.


Infogauda / Tui

 O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantiveron esta mañá unha xuntanza coa plataforma de afectados de Paramos, onde lles reiteraron o apoio do Goberno galego, tal e como se fixo dende o primeiro momento, e avanzou que a Xunta ten aboadas todas as axudas aos afectados.  

 Alfonso Rueda lembrou que a Xunta de Galicia foi a primeira Administración en actuar, habilitando nun tempo récord o decreto de axudas á vivenda para a explosión de Tui, tan só unha semana despois do suceso.  

 O Goberno galego concedeu xa máis de 3,2 millóns de euros de axudas para sufragar os gastos en vivendas danadas, enxoval doméstico e alugueiros, con máis de 120 axudas para as vivendas e outras 20 para o alugueiro e o realoxo provisional dos afectados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario