AVISO DE RECOLLIDA DE LIXO NO NADAL
Concello do Rosal
Dado o carácter festivo destes días, o servizo de recollida de lixo sufrirá lixeiras modificacións que se detallan a continuación. Rógase que se teñan en conta os seguintes horarios para baixar o lixo na tarde – noite previa a recollida para evitar incidencias.
Contedores azuis de papel/cartón: farase recollida desta fracción o xoves 26 de decembro e 2 de xaneiro de mañá. Dado a gran produción deste tipo de residuos nestas datas, prégase que non se deixen caixas fóra do colector xa que ademais de mollarse e ensuciar a estrada, os operarios da recollida selectiva non as recollen (agás que estea completamente cheo o contedor).
Contedores amarelos de envases: farase a recollida os martes (centro urbano) e venres (todo o Concello) como ven sendo habitual, pero o camión pasará mais cedo que de costume, polo que é recomendable deixar as bolsas o día anterior de noite nos colectores. Lembrade esmagar ben os envases de plástico, deste xeito caben moitos mais residuos no colector e evitaremos problemas de saturacións.
Contedores verdes de resto: non haberá recollida o mércores 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o 6 de xaneiro. Agradécese que se depositen os restos na tarde – noite previa aos días que hai recollida para evitar malos cheiros.
Colectores verdes iglú de vidro: farase recollida normal. Lembrade retirar as tapas e outros elementos plásticos dos envases de vidro antes de botalos no iglú verde (as tapas van ao colector amarelo).
O Punto Limpo, pola súa parte, permanecerá pechado tanto o martes 24 como o 31 de xaneiro.
Aproveitase a ocasión para lembrar unha serie de recomendacións de cara a xestión do lixo:
Reducir. Esta é unha época de excesos, pero na medida do posible hai que evitar que tamén se converta nunha época de desperdicios.
Compostar. Ben sexa en pilas de compostaxe, composteiros individuais ou no composteiro comunitario do Concello, a compostaxe é a mellor maneira de xestionar a materia orgánica. O primeiro punto é reducir, pero todo o que non se poida, para compostar!
Se entre todas e todos colaboramos, teremos un Rosal mais limpo. Moitas grazas pola vosa axuda e felices festas!!
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario