O Concello convoca un concurso de debuxo infantil baixo a temática “Nadal feliz en Oia”
O certame vai dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria dos colexios Mestre Manuel García e Refoxos
O prazo de presentación de traballos finaliza o 12 de decembro
O Concello de Oia vén de convocar un concurso de debuxo dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria dos colexios Mestre Manuel García e Refoxos, o cal se desenvolverá baixo a temática “Nadal feliz en Oia”.
Segundo se indica nas bases do certame, cada participante só poderá presentar un debuxo, que deberá ser orixinal e inédito. A técnica a empregar é libre (lapis de cores, acuarelas, rotuladores, ceras, etc.) e todos os participantes deberán indicar no reverso do seu traballo o seu nome e apelidos, así como o curso no que están matriculados.
Os debuxos poderán presentarse nos colexios e o prazo permanece aberto ata o próximo día 12 de decembro, incluído.
A partires de aí, o xurado reunirase antes do 20 de decembro para facer a valoración dos traballos presentados. Este xurado estará composto por 2 mestres do CEIP Mestre Manuel García, un mestre do CEIP de Refoxos e un representante do Concello.
En total outorgaranse 3 premios, os cales consistirán nun diploma e un lote de libros. A entrega destes recoñecementos farase o día 5 de xaneiro despois da Cabalgata de Reis, no pavillón do CEIP Mestre Manuel García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario