O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu onte na Casa de Galicia en Madrid á inauguración da exposición que conmemora o 75 aniversario do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
A XUNTA DE GALICIA DESTACA O COMPROMISO DO INSTITUTO DE ESTUDOS GALEGOS PADRE SARMIENTO COA CULTURA GALEGA
De esquerda a dereita, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a vicepresidenta do Congreso Ana Pastor e o presidente do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
Fotos: Casa de Galicia
Fotos: Casa de Galicia
Infogauda / Madrid
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, destacou onte na Casa de Galicia en Madrid a importante contribución do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento para a cultura galega grazas ao seu traballo durante 75 anos que o consolidou como o centro de investigación de referencia en Galicia.
O deputado lucense Jaime de Olano, Eduardo Pardo, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, Alfonso Rueda, Ana Pastor; e do CSIC Rosina López-Alonso e Alberto Sereno xunto a Marta Fernández-Tapias
Alfonso Rueda participou onte na inauguración da exposición “75 anos ao servizo de Galicia”, na que tamén participaron o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; o director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara; a vicepresidenta de Organización e Relacións Institucionais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rosina López-Alonso; e o secretario xeral do CSIC, Alberto Sereno Álvarez.
No acto de inauguración, De Olano, Pastor, Fernández-Tapias, e o delegado da Xunta José Ramón Ónega na súa intervención, xunto con Prado, Sereno, López-Alonso e o vicepresidente Rueda.
A exposición conmemora o aniversario da constitución desta institución académica -de titularidade compartida entre a Xunta e o CSIC-, un referente no estudo das humanidades e plenamente comprometido co desenvolvemento de Galicia, e en especial coa lingua, a cultura e a historia galega.
A fotógrafa, psicóloga e pedagoga Ángeles Filgueira, nunha simpática imaxe na que sinala ao seu pai Xosé Filgueira Valverde. "Faime moita ilusión velo en tantos paneis. É desta época e estaba en todo", dixo
A mostra consta de paneis nos que se profunda tanto na traxectoria histórica do centro como na importancia da biblioteca e as coleccións que atesoura. Ademais, ofrece e dá a coñecer a contribución do Instituto no ámbito da humanística galega contemporánea e a súa traxectoria histórica. O centro destacou estes anos polos seus estudos sobre o parentesco e as redes de poder na Idade Media, as peregrinacións, a heráldica ou o papel da muller na nosa historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario