A CIG CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN DESDE A SEDE DA APV
CIG / Vigo
A CIG convoca unha manifestación este venres 20 de decembro, ás 10:00 horas, dende a sede da Autoridade Portuaria de Vigo (Praza da Estrela), para rexeitar a represión sindical por parte deste organismo estatal, que está a impedir que un representante da CIG se sente no consello de administración, tal e como lle corresponde por ser o sindicato maioritario no comité de empresa.
A Marcha rematará diante do edificio de sesións, no peirao de trasatlánticos. Unha vez alí, o secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, atenderá os medios de comunicación ás 11:00 horas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario