23 de dec. de 2019

DEPORTES

PIRAGÜISMO

TRES PREMIOS PARA O MIÑO-TEIXUGOS NA GALA DO PIRAGÜISMO GALEGO 2019 



Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 O pasado venres, a Federación Galega de Piragüismo, fixo entrega dos premios aos mellores do ano na súa Gala do Piragüismo Galego. O evento tivo lugar nesta ocasión no edificio da Xunta, en Campolongo, Pontevedra. O Club Deportivo Miño-Teixugos recibiu nesta ocasión tres galardóns.   
 
 O canoísta Luís Fernández recibiu o premio a mellor deportista masculino sub-23 por o que foi o mellor ano da súa carreira. Este ano formou parte do equipo nacional sub- 23 e absoluto de slálom, na modalidade de canoa. En setembro conseguiu unha medalla de prata por equipos no Campionato do Mundo absoluto celebrado  na Seu D´Urgell, sendo a primeira medalla nun mundial absoluto para o slálom galego. Esta medalla e os bos resultados obtidos en diferentes competicións fixeron que a Federación Galega lle outorgara o premio ao mellor Deportista Galego sub-23.  

 Por outra banda o Club Deportivo Miño-Teixugos recibiu o premio ao mellor club galego de slálom, premio que subiu a recoller o presidente Pablo Pousa.  



 Finalmente Manuel Ochoa recibiu unha mención especial da Federación pola súa medalla de bronce na modalidade de equipos ou patrullas no Campionato do Mundo sub-23, celebrado en xullo en Cracovia.  

 Inmellorable balance para os Teixugos nesta Gala do Piragüismo Galego cos tres galardóns acadados. Agora toca facer frente a tempada 2020 e intentar mellorar os fantásticos resultados desta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario