22 de dec. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

PRELUDIO DO NADAL NA CASA CULTURAL DE MONTES DE CAMPOSANCOS

O Grupo de Zumba Camposina en plena actuación
José Fernando Martínez, presidente dos comuneiros de Camposancos, presentando o Grupo de Jazz Daniel Casares Trío
O Grupo de Jazz Daniel Casares Trío nun momento da súa actuación
Panorámica da afluencia do respectable público no festival de onte
Fotos: C.MM.VV.C.

Infogauda / Camposancos

 A xeito de preludio deste Nadal que xa está tan pretiño de nós, na noitiña de onte sábado 21 de decembro, a Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos acolleu un festival que contou coa entusiasta participación do Grupo de Zumba Camposina e coa participación do Grupo de Jazz Daniel Casares Trío. 

 O evento contou cunha grande afluencia do respectable público que gozou desa velada organizada pola xunta reitora da devandita Comunidade de Montes que preside José Fernando Martínez Martínez e que conta cun activo equipo humano.

 A vindeira actividade será o día 6 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Casa Cultural, onde haberá unha chocolatada para celebrar o día de Reis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario