A ampla programación de Nadal continúa desenvolvéndose na vila
Infogauda / A Guarda
Enmarcadas na ampla e variada Programación de Nadal 2019/20, A Guarda congrega nesta fin de semana varias actividades para todas as idades, con actuacións musicais, chocolatadas, pista de patinaxe sobre xeo, concerto de panxoliñas, animación polas rúas,...
Dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal na Guarda teñen premio, cun sorteo de puntos para a pista de patinaxe sobre xeo, entre todos os que compartan as súas fotos coas etiquetas #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.
Pista de patinaxe sobre xeo
A Alameda da vila conta cunha pista de patinaxe sobre xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.
O horario da pista de xeo é de luns a venres de 16:00 a 21:30 horas, e as fins de semana de 12:0h a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas.
Para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro, haberá un horario especial, sendo de 16:00 a 21:30 horas; e os días 24 e 31 de decembro de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais. Cada entrada para a pista de patinaxe sobre xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a pista de xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 608 920. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, ata o 19 de xaneiro. O seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante. Os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.
Chocolatada de Acigu
A Asociación de Empresarios de A Guarda (Acigu) CCA, organiza a partires das 10:00 horas do sábado día 21 de decembro, unha chocolatada na Praza de Juan Bautista Alonso Español (Monterreal). En caso de choiva realizarase na Casa dos Alonso.
Cantos de Nadal
Na xornada deste sábado realizarase “Cantos de Nadal” unha iniciativa que pretende alegrar e compartir o espírito do Nadal polas rúas da Guarda contando coa participación de 6 grupos musicais da zona que amenizarán a todos os presentes na Casa dos Alonso.
A partires das 18:30 horas os grupos O Trebón dos Xidos, Cantaruxas e Merliños da Agrupación Cultural Guardesa, Coiro Vello, A Boalleira, Paliqueiras, Carainas, Do Lusco ó Fusco, Tambaluca e o Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, interpretarán varias pezas musicais.
Exposición de pintura “anetadocamilo”
O vindeiro sábado día 21 de decembro ás 13:00 horas, a Casa dos Alonso acollerá a inauguración da exposición de pintura «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao.
Esta exposición poderá visitarse ata o 4 de xaneiro, na pranta baixa da Casa dos Alonso, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Actuación de Gaitas
O sábado día 21 de decembro, ás 16:30 horas, o Clube da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda acollerá a actuación do Grupo de Gaitas deste clube, con entrada libre para todo o público.
Concerto de Panxoliñas
O domingo día 22 de decembro, ás 17:00 horas, na Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda, terá lugar o tradicional Concerto de Panxoliñas organizado pola .
Participarán:
· Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda
· Coro do CEIP A Sangriña
· Grupo Antorcha
· Coro Arpegios
· Coro Cantábile
· Agrupación Coral Polifónica de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario