10 de dec. de 2019

A GUARDA

O Concello convida a participar como paxes na Cabalgata de Reis 

Na imaxe de arquivo, un momento da edición precedente da Cabalgata de Reis 
Foto: C.A.G.
  
Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, fixo pública no día de hoxe á seguinte proposta:

 Se queres colaborar como Paxe Real e acompañar ás Súas Maxestades de Oriente no seu paso pola Guarda, os titores legais poderán anotar aos nenos e nenas os días 12 e 13 de decembro entregando a correspondente autorización no Rexistro Xeral do Concello.  

 O prazo ábrese o vindeiro xoves día 12 de decembro ás 9:00h. 

 As prazas para participar son limitadas e a idade mínima para participar é 8 anos (nenos e nenas nacidos no 2011 ou con anterioridade). 

 Como novidade de este ano, poderá utilizarse a sede electrónica do concello: https://aguarda.sedelectronica.gal/

 Para o seu uso é preciso contar cun certificado dixital e as solicitudes entregadas por esta vía non serán tidas en conta as que se presenten antes das 9:00h. do día 12 de decembro.  

 Podes descargar aquí o formulario e as Bases da inscrición: http://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2019/12/BasesFormularioPaxesCabalgata2020.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario