O COLECTIVO LGTBIQ+ TRANS MIÑO CONMEMORA O 70 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANS
Mediante a exposición "Dereitos Humans e Diversidade Afectivo-Sexual e de Xéneros"
Infogauda / A Guarda
Con motivo da celebración do 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, un 10 de decembro de 1948, data aprobada polas Nacións Unidas, o Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño, ven a organizar a exposición Dereitos Humanos Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero.
Dita exposición conta con imaxes e textos que xiran ao redor dos 12 meses do ano e aos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Ademais, facilitan á súa vez 12 efemérides vinculadas como o movemento LGTBIQ+ e información sobre a situación dos dereitos humanos deste colectivo en 12 países de diferentes continentes.
Os 16 paneis desta exposición, conteñen propostas didácticas que nos facilitan e convidan a reflexionar e a tomar conciencia sobre a homofobia, fobia e transfobia
Dita mostra que se presentará na sala de exposicións da Casa dos Alonso dende o 4 a o 18 de decembro, colaboran o Concello da Guarda, Amnistía Internacional e a Federación Andaluza ARCO IRIS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario