18 de dec. de 2019

A GUARDA

Beatriz Bascoy Cao, «anetadocamilo» vai expór súa obra pictórica na nosa vila

A inauguración será o sábado día 21 de decembro, ás 13:00 horas, na Casa dos Alonso



Infogauda / A Guarda 

 Coa participación do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e da concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, así como da artista Beatriz Bascoy Cao; o vindeiro sábado día 21 de decembro ás 13:00 horas, a Casa dos Alonso - Praza do Reló, nº 4 - acollerá a inauguración da exposición de pintura «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy para  expresar con pintura o que con palabras - segundo afirma - non pode.  

 Segundo explica a artista, «anetadocamilo» é un xeito de expresar inquedanzas, sentimentos, de sumirse nun mundo de cor paralelo a un mundo real con demasiados tonos de grises. 

 Para esta exposición Beatriz Bascoy vai presentar obras realizadas con técnicas mixtas, é dicir coa combinación dunha ou varias técnicas plásticas, de procesos de traballo e de materiais, no soporte que en cada momento ela mesma decidise.  

 «anetadocamilo» avanza por un camiño onde - segundo afirma - se segue a emocionar cando unha persoa se para diante dunha das súas obras e é capaz de sentir. Esa sensación non mudou dende o principio desta viaxe... Ben sexa en lugares tan diferentes como os pendellos de Agolada ou a Menier Gallery, de Londres.  

 A exposición de obras pictóricas de Beatriz Bascoy enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello de A Guarda e poderase visitar ata o 4 de xaneiro de 2020, de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas, na pranta baixa da Casa dos Alonso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario