10 de nov. de 2019

OIA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA OS VECIÑOS DE OIA

Sábado 16 de novembro, ás 16:00, 16:45 e 17:30 horas

"OS PRESOS DO MOSTEIRO - Memorias da Guerra Civil Española"






Infogauda / Oia

 A empresa propietaria do Mosteiro de Santa María de Oia fixo público un cartel indicando: "Gustaríanos convidar aos veciños de Oia á inauguración da exposición "OS PRESOS DO MOSTEIRO - Memorias da Guerra Civil Española".

 Despois dun delicado traballo de investigación, documentación, extracción e restauración dos grafitos, chegou o momento de compartilo convosco.

 Unha exposición que non che deixará indiferente!"

 Reservas: Enviar un correo electrónico a info@mosteirodeoia.com indicando preferencia de quenda (16:00 h., 16:45 h. ou 17:30 h.), nome completo e apelidos. Prazas limitadas ata esgotar aforamento. Visita guiada acreditando que es veciño de Oia.

 Onde: Rúa do Párroco Don Claudio Rodal Fandiño, 5 (36704)  Oia (Pontevedra)
(Acceso principal polo adro da igrexa)

Cando: Sábado 16 de novembro. Quendas: 16:00 h., 16:45 h., ou 17:30 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario