17 DE NOVEMBRO DE 2019
DÍA MUNDIAL EN LEMBRANZA DAS VÍCTIMAS DA VIOLENCIA VIAL
Actividades programadas en Vigo e en Cangas do Morrazo
Infogauda / Vigo / Cangas do Morrazo
O vindeiro domingo 17 de novembro, vaise conmemorar o Día Internacional en Lembranza das Víctimas da Violencia Vial.
A xornada comezará ás 11:00 horas, na Praza do Rei, (Vigo), onde terá lugar a concentración e posterior saída a unha ruta cos ciclistas do clube A Golpe de Pedal o do Grupo Moteiro "4 Amigos", para dirixirse ata o Balcón da rúa Aragón, onde se efectuará unha ofrenda floral e gardarase un minuto de silencio diante do Monumento en Lembranza das Víctimas de Tráfico. Ao remate dese acto, a Marcha Ciclista dos Amigos de A Golpe de Pedal, retornará a Praza do Rei.
De seguido, arredor das 11:45 horas, desde o Balcón da rúa Aragón, terá lugar á saída dos moteiros en dirección a Cangas do Morrazo, para asistir ao acto principal que terá lugar no Paseo de Rodeira, diante da Casa da Cultura.
O programa do acto en Cangas do Morrazo é o seguinte:
· Lectura do Manifesto na compaña de colaboradores da Asociación Stop Accidentes e motoristas do Grupo Moteiro.
· Intervención de autoridades.
· Ofrenda floral e minuto de silencio.
· Semeando Vida: Agasallaránse sementes e plantarase unha árbore fronte ao monumento.
· Agradecementos pola presenza e clausura do acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario