7 de nov. de 2019

GOIÁN (TOMIÑO)

Chola a It Girl encherá de humor o Auditorio de Goián  

Artesacía chega a Tomiño con este espectáculo dirixido a público adulto que comezará ás 22:00 h. no Auditorio de Goián. Entradas: 3€, venda en taquilla unha hora antes  



Infogauda / Goián

 Un show en formato televisivo con moito humor, moita música e moitas sorpresas. Así e ‘Chola a It Girl’, o espectáculo que co Artesacía chega este sábado 9 ao Auditorio de Goián no que haberá vídeos, proxeccións de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e moitas gargalladas aseguradas.  

 Todo grazas á desenvoltura de Chola, unha mecánica cunha canle de YouTube contratada por un teatro para realizar o seu primeiro tutorial en directo, no que revelará en 10 sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira it girl rectificada, convertendo o rural e o auténtico en tendencia. Un espectáculo con moito humor, moita tradición e moita identidade que non deixará indiferente ao público. 

 As entradas, a 3 euros, poderán comprarse en taquilla unha hora antes da función.

Ningún comentario:

Publicar un comentario