18 de nov. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, CAMPIÓN DA XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR  DO SAN MARTIÑO-OURENSE 

O atleta de A Guarda, do club Sociedade Atlética do Trega, competiu na proba de cativos 

Álex Sierpes Pereira, do club Sociedade Atlética do Trega, en plena carreira na mañá de onte polas rúas da cidade de Ourense

Informa (fotografías e Redacción): Sociedade Atlética do Trega

 A San Martiño, de Ourense, a carreira popular que está considerada como a máis importante de toda a nosa comunidade autonómica, que este ano acadou este ano a súa 43ª edición, contou con máis de 11.000 participantes, que se desagregaron en 4 carreiras. Na primeira (absoluta: nados/as no ano 2001 e anteriores) houbo 3.510 atletas rexistrados, que correron 10km, con 2 participantes do noso club,  José Antonio Vázquez Fernández (Pépix), categoría MSAM, cun tempo 41´37" (posto 372º da clasificación xeral e 61º da súa categoría), e Abel Rocha Ozores, categoría MSCM, que parou o crono cun tempo de 45´04" (posto 708º da clasificación xeral e posto 132º da súa categoría). 

 Seguíronlle os atletas da categoría escolares, percorrendo 4.7km, sendo 2.787 corredores rexistrados.  

Na imaxe vemos ao atleta Álex Sierpes Pereira - 1º pola esquerda con indumentaria vermella-, na saída da carreira de categoría cativos.


 Na categoría de cativos (nados nos anos 2011 a 2008), o seu circuíto foi de 1.4 km, con 2.294 participantes mixtos, foi onde participou o noso atleta Álex Sierpes Pereira, (categoría Sub12-M), que cun crono 4´36", chegou en primeira posición a liña de meta, acadando unha folgada e cómoda vitoria. 

 Con este novo triunfo, sumou a súa terceira vitoria nesta carreira, xa que nas dúas edicións precedentes tamén quedou 1º na xeral. 

 Paula Rocha Bautista e Álex Sierpes Pereira

 Tamén queremos mencionar que nesta proba correu a súa compañeira do club Paula Rocha Bautista (categoría Sub12-F), que cun crono de 05´32", obtivo un 8º posto en féminas. 

 Finalmente, este ano disputouse a última proba chamada inclusión con 2.300 rexistrados, sen dúbida una das carreiras onde pode participar todo o mundo, e pasalo ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario