11 de nov. de 2019

CULTURA

Culturactiva presenta:   
Mercedes Peón    
Déixaas, a vangarda da World Music



 Infogauda / Galicia

 O último traballo de Mercedes Peón, Deixaas, é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína.  

 Deixaas amplía o universo creativo de Mercedes Peón combinando artesanía musical e vangarda creativa dun xeito excepcional. Sen abandonar as a base tradicional, o álbum inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos acústicos de nova natureza, obtidos a partir dun traballo de campo con sons reais e gravacións de maquinaria pesada recollidas nos estaleiros e espazos industriais da contorna de Ferrol (como no caso de "Plataforma"). Outras composicións incorporan todo o poder estético e evocador da palabra poética dramatizada ou spoken word (en "Linguas elementais") ou o contraste do piano atmosférico (en "Olores perdidos"). Diferentes ambientacións e texturas que gañan peso nunha obra que conta tamén con Mónica de Nut e Ana Fernández. No aspecto lírico, Deixaas conserva a esencia dos temas que adoitan interesar á compositora: cuestións de identidade, sexo, linguaxe, pertenza, cadeas de transmisión, o medio ambiente e a política social máis inmediata... todo converxe na súa música e interactúa con linguaxes sonoras e estéticas nunca antes exploradas deste xeito pola artista. Este novo disco sitúa a Mercedes Peón nunha exquisita madurez creativa e compositiva, e o seu formato ao vivo ofrece unha experiencia artística única, un verdadeiro transo que nos reconecta ao máis auténtico, onde a música se converte nunha cadea de transmisión de patrimonio cultural de primeira orde.  

 Deixaas ofrece tres posibilidades:   
-Formato Trío  
-Formato con colaboradores (María Reimóndez - poeta, declamación performativa en vivo- e coro de voces líricas).   -Formato con colaboradores + artistas convidados (Fernando Abreu e Pablo Carrera -músicos-, María Reimóndez -poeta, declamación performativa en vivo- e coro de voces líricas). 

 MERCEDES PEÓN 
· Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia 
· Artista do ano para Folkword 
· Candidata a artista do ano para BBC Radio 3

Ningún comentario:

Publicar un comentario