7 de nov. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Comezaron os traballos de construcción de un dique na Praia da Lamiña

ANABAM PÓN OS FEITOS EN COÑECEMENTO DA FISCALÍA XERAL DO ESTADO 
 
Proba nº 1 
Panorámica da Praia de A Lamiña (Río Miño) localizada na Parroquia de Camposancos do Concello de A Guarda (dirección Oeste-Leste)realizada o 6 de novembro de 2019.

Panorámica da Praia de A Lamiña (Río Miño) localizada na Parroquia de Camposancos do Concello de A Guarda (dirección Leste-Oeste) realizada o 6 de novembro de 2019.

 Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 En relación ás obras de construcción dun dique, que están desenvolvéndose na praia de A Lamiña (Camposancos), co presunto propósito de protexer esa zoa, afectada nos últimos anos pola perda de superficie territorial, que conlevou á desaparición dunha considerable extensión de terreo, configurado maioritariamente por area e á vexetación característica dun cordón dunar, así como árbores (piñeiros), feitos todos eles que teñen sido dados a coñecer á cidadanía en varias ocasións, mediante os medios de comunicación social; un representante da activa Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), con sede en A Guarda, ven de dirixirse por escrito a Fiscalía Xeral do Estado, para expoñer que "(...) ao amparo do establecido no Artigo 45 da Constitución Española; Artigo 325 redactado polo número cento setenta e tres do artigo único da Lei Orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal; Decreto 9/2014, do 23 de xaneiro, polo que se aproba o Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia; Directiva 2009/147/CEE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación de aves silvestres; Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre; e Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade; pomos en coñecemento da Fiscalía de Área, os seguintes, 

FEITOS 

PRIMEIRA - Que con data 6 de novembro de 2019 compróbase o estado das obras de construción dun dique provisional de 70 metros de longo na Praia de A Lamiña localizada na Parroquia de Camposancos do Concello de A Guarda (que se aporta como proba número un).  

SEGUNDA - Que a pesar de contar coa correspondente autorización dos servizos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a obra carece do perceptivo estudo de impacto ambiental e que as actuacións en curso poden constituíren delito contra o Medio Ambiente e un risco para a seguridade das persoas. Neste punto cabe salientar o seguinte: 

1.- Que o Artigo 325 da citada L.O. 1/2015 do Código Penal refírese explicitamente no Punto 1 ás extraccións ou escavacións que poidan ser causa directa ou indirecta de danos substanciais ao medio, a animais ou plantas. 

2.-Que a zona de actuación atópase delimitada como “área de presenza” da píllara das dunas tanto no período reprodutivo como no período invernal no Decreto 9/2014 co obxectivo de restaurar e manter una poboación viable da píllara das dunas en Galicia e desclasificala da categoría de vulnerable do Catálogo galego de especies ameazadas, mediante, entre outras medidas: 

a. A protección e mantemento a longo prazo do hábitat de reprodución e invernada: 

b. O establecemento dos recursos e mecanismos necesarios para o manexo e protección da especie e os seus hábitats a longo prazo. Así mesmo a especie e o seu hábitat están amparados pola Directiva 2009/147/CEE o que implica que será obxecto de medidas de conservación especiais en canto ao seu hábitat. 

TERCEIRA - Que as nomeadas actuacións desenvólvense no Esteiro do Río Miño, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000 catalogado como Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). 

CUARTA – Que o Esteiro do Río Miño é un medio en equilibrio dinámico onde os procesos sedimentarios altérnanse cos procesos erosivos. Neste punto cabe salientar que: 

1.- Calquera actuación no sistema, incluída a construción de estruturas perpendiculares á liña de costa sen o preceptivo estudo de impacto ambiental supón un risco pola modificación dos procesos naturais de sedimentación ao que se refire e pena o nomeado Artigo 325 da citada L.O. 1/2015 do Código Penal no Punto 2 como as conductas que por sí mesmas ou conxuntamente con outras, puideran prexudicar gravemente o equilibrio dos sistemas naturais. 

2.- Así mesmo, pola carencia do perceptivo estudo de impacto ambiental descoñécense os impactos sobre a dinámica sedimentaria do medio e a hidrodinámica do río, pondo en risco non sóo aporte sedimentario senón a propia seguridade das persoas. Neste senso, o nomeado artigo refírese e pena o risco de grave prexuízo para a saúde das persoas. 

 Por todo o anterior e de acordo co artigo 45 da Constitución Española, 

SOLICITAMOS a este organismo que tendo por presentado este escrito xunto coa documentación que se acompaña, o admita, avalíe e, atendendo ás razóns expostas, paralice cautelarmente a obra e se repare o dano causado para evitar un deterioro irreversible do medio (...)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario