8 de nov. de 2019

A GUARDA

Érguete Baixo Miño difunde os Programas Educativos e Familiares que desenvolve na Escola   


 Érguete Baixo Miño / A Guarda

 Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar e presenta unha breve guía informativa cos programas ofertados gratuítamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.   

 Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa inclúe unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.   

 Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dos socios.   

 Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico info@erguete.org ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño,  en Rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º Piso) C.P. 36780 (A Guarda).   

 Érguete Baixo Miño realiza os todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha amplia experiencia no tratamento destes temas na comunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario