O CONCELLO DA GUARDA NON DISPÓN DO INFORME DE IMPACTO AMBIENTAL NA ESCOLLEIRA DA LAMIÑA
“Ao BNG sorpréndelle a falta de información ante unha obra cun impacto ambiental tan importante”
BNG / A Guarda
O BNG despois de pedir ao Concello da Guarda o expediente sobre a actuación que o Ministerio de Transición Ecolóxica está realizando na praia da Lamiña queremos manifestar diferentes aspectos que nos preocupan.
1. A pesar do impacto que ten a escolleira que xa se comezou a construír na Lamiña, no Concello non existe o informe de impacto ambiental preceptivo.
2. No escrito dirixido polo Ministerio de Transición Ecolóxica a Consellería de Medio Ambiente recolle que “Rixidizando un tramo local da ribeira non se soluciona o problema global a escala do río e é posible trasladar o problema erosivo augas arriba ou augas abaixo do tramo crítico a protexer na actualidade”.
Dende o BNG non entendemos como diante dun problema que se ven arrastrando dende xa fai tantos anos se opte por unha solución urxente sen garantías e de dudosa eficacia ou que mesmo pode rebotar o problema que se pretende solucionar a outra zona da desembocadura do río como o propio Ministerio recoñece.
Cústanos entender tamén a actitude do PSOE guardés, máis preocupado en facer fotos na zona co seu candidato ao Congreso que por reclamar todos os informes e documentos preceptivos para unha obra que xenera tantas dúbidas.
(R.)
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario