25 de nov. de 2019

A GUARDA

O Concello conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero  

Vista parcial das persoas que o mediodía deste luns 25 de novembro, na Praza do Reló, participaron na concentración contra á violencia de xénero
Fotos: C.A.G.



 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda pechou este luns 25 de novembro, as actividades en conmemoración do Día Internacional da Violencia de Xénero cunha multitudinaria concentración na Praza do Reló, onde se deu lectura a un manifesto por parte da concelleira de Igualdade e alumnos dos centros educativos e onde a cantautora viguesa Su Garrido realizou unha actuación musical - subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia - acompañada da súa guitarra. 


A concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Fátima Rodríguez Marcos e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, no acto desta mañá

A cantautora viguesa Su Garrido realizou unha actuación musical acompañada da súa guitarra


 As actividades deste ano estiveron coordinadas dende o Centro de Información á Muller de A Guarda e a Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, participando unha vez máis na campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, que co reparto de diverso material de forma totalmente gratuíta, cartelería para todos/as, camisetas, bolsas,  pousavasos e servilletas para a hostalaría e delantais para os/as preaceiros/as, entre outros, se convidou aos establecementos comerciais e asociacións da localidade a tinguir de negro A Guarda.


 O venres día 22 de novembro o Centro Cultural acolleu a obra de teatro «Anatomía dunha serea», unha peza de teatro autobiográfica e testemuñal que conta a historia e a experiencia persoal da propia actriz coma unha muller, nai e vítima da violencia obstétrica. Esta actividade, que estivo subvencionada pola Deputación de Pontevedra, encheu de asistentes o Centro Cultural da vila. 

 Tamén nas redes sociais se convidou a compartir imaxes co material da campaña, interactuando a través dos hashtags  #AguardaenNegro e #Aguardacontraasviolencias. 

 Dende o Centro de Información á Muller de A Guarda e a Concellería de Igualdade e Servizos Sociais agradecen a colaboración de todas as persoas, empresarios e entidades que se uniron coa causa para que as violencias de xénero sexan cousa do pasado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario