26 de nov. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

MILU RODRÍGUEZ BAZ, CAMPIOA GALEGA DE MARCHA ATLÉTICA

Este novo logro da atleta de A Guarda, acadouno no  XXX Campionato de Galicia de Marcha en Pista celebrado na Pobra do Caramiñal

Milu Rodríguez Baz - a dereita da imaxe - no podio, logo de proclamouse campioa galega W-40. A seu carón a subcampioa Ana Belen Hermida Carballo


Informa (fotografías e Redacción): Sociedade Atlética do Trega

 A marchadora María Emilia Rodríguez Baz (Milu), pertencente ao club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, ven de proclamarse campioa galega de Marcha Atlética no XXX Campionato de Galicia de Marcha en pista de inverno, celebrado na Pobra do Caramiñal, na categoría Master 40. 

Milu Rodríguez Baz nun intre da súa carreira no XXX Campionato Galego de Marcha en pista de inverno


 Na mañá do sábado día 23 de novembro, celebrouse nas pistas de atletismo do Estadio Municipal de A Alta, na localidade de A  Proba  do Caramiñal (A Coruña), o  XXX Campionato de Galicia de Marcha en Pista Absoluto, onde nosa atleta Milu participou na proba de 5.000 m. marcha, conseguindo o 8º posto na xeral absoluta, entrando 2ª master en liña de meta e proclamándose campioa galega Master 40, cun crono de 28´55" 52. 

 Felicidade Milu!

 A seguir traballando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario