27 de nov. de 2019

A GUARDA

"DEREITOS HUMANOS E DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNEROS"

Unha exposición que organiza o Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño 

Poderase visitar na Casa dos Alonso, do 4 ao 18 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
 

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O  Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño, cuxo coordinador é Xermán Cordero Verde, organiza unha exposición que leva por título "Dereitos Humanos e Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero". 

 A devandita exposición poderase visitar do 4 ao 18 de decembro de 2019, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló, 1), A Guarda.

  A mostra "Dereitos Humanos e Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero" conta coa colaboración do Concello de A Guarda, Arco Iris (Federación Andalucia) e da ONG Amnistía Internacional (AI).

 Arco Iris (Federación Andalucia) está composta por 8 asociacións provinciais (chamadas Arco Iris) e 3 asociacións andaluzas chamadas  Familias por la Diversidad, ENFYS e Mujeres por la Diversidad, e traballa polos Dereitos Humanos de Lesbianas, Gays, Bisexuales, Trans+ e Inter+.

 Pola súa banda, Amnistía Internacional (AI), defínese como "un movemento global de máis de 7 millóns de socios, socias, activistas e simpatizantes que loitan por unha humanidade xusta e libre na que todas as persoas vivamos con dignidade. Cremos no poder da xente e na forza da unión para conseguir que os dereitos humanos respéctense en todo o mundo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario