A unidade móbil de doazóns de sangue visitará a vila antes do Nadal
Estará instalada xunto o Centro Cultural o xoves día 5, todo o día, e o sábado día 7 de decembro, pola mañá
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará novamente á vila de A Guarda antes das celebracións do Nadal. Dese xeito estará emprazada na Rúa Rosalía de Castro - a carón do Centro Cultural -, o xoves día 5, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas; e o sábado día 7 de 10:00 ás 15:00 horas.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadás o xesto solidario de doar sangue.
Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario