Intensa fin de semana deportiva e cultural na vila
Con Ciclismo, concertos, xornada micolóxica, Trail do Trega,...
Con Ciclismo, concertos, xornada micolóxica, Trail do Trega,...
Infogauda / A Guarda
A Guarda vai congregar esta fin de semana varias actividades entre as que destacan a VI edición do Trail do Trega, a Carreira de Ciclismo de Vellas Glorias, a obra de teatro en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada de micoloxía, o Concerto de Santa Icía da Agrupación Musical da Guarda e o Concerto do Coro Gli Appassionati.
VENRES 22
O venres día 22 de novembro ás 21:00 horas, o Centro Cultural acollerá a obra de teatro «Anatomía dunha serea». Unha peza de teatro autobiográfica e testemuñal que conta a historia e a experiencia persoal da propia actriz coma unha muller, madre e vítima da violencia obstétrica.
Entrada de balde previa retirada de tickets, dispoñibles dende o día 21 de novembro no Centro Cultural, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e no CIM de 9:00 a 14:30h.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra e está enmarcada nas actividades organizadas para as conmemoracións do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
SÁBADO 23
As actividades programadas para este sábado arrancan coa Carreira das Vellas Glorias do Ciclismo Galego, un evento que xa se celebrara na Guarda uns anos atrás e contará coa presenza de máis de 80 deportistas ex - profesionais do mundo do ciclismo galego coma Veloso ou Márques.
A proba terá lugar ás 16:30 horas dende a Alameda da vila, facendo un percorrido de 20 voltas a un circuito urbano de 1,2km polas rúas Galicia, Brasil e República Dominicana, con varios sprints especiais e rematando cunha subida ata o Monte Santa Trega.
Previa a esta proba contarase na Alameda con actividades para os ciclistas da base do C.C. O Rosal, cunha proba de gymcana para os máis pequenos.
XORNADA DE MICOLOXÍA
Por outra banda este sábado realizarase unha Xornada de Micoloxía organizada entre A Jalleira AFEA e o Concello de A Guarda con saída ao monte pola mañá e pola tarde, contando con formación a cargo de Santi Corral.
As prazas están xa cubertas.
A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda ofrecerá este sábado ás 17:00 horas, na Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda, o tradicional Concerto de Santa Icía, que contará nesta ocasión coas actuacións da Coral Polifónica do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda e da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda.
DOMINGO 24 - VI TRAIL DO TREGA
Preto de 500 deportistas partirán este domingo día 24 de novembro, a partires das 9:30 horas, desde á Alameda, para "tomar" - deportivamente falando - o Monte Santa Trega, co VI Trail do Trega.
Nesta edición, hai tres opcións competitivas: Andaina popular de 12km, Experiencie 12k e Advance 18k.
A xornada deportiva comezará coa Andaina, que conta cunha distancia total de 10kms e un desnivel acumulado de 650m. A saída será ás 9:30 horas.
Ás 10:00 horas, arrancarán os participantes da Advance 18k, proba que conta cun desnivel acumulado de 1.100m.
E finalmente, os participantes da Experiencie 12k sairán ás 10:30h. Esta proba ten un desnivel acumulado de 650m.
Todas as modalidades terán punto de saída e de chegada a Alameda da vila.
Nestes intres están inscritos máis de 360 atletas, destacando unha forte representación portuguesa e de deportistas de máis de 12 provincias de toda España.
E para pór broche de ouro a fin de semana, o domingo ás 18:00 horas, na Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda, o Coro Gli Appassionati, ofrecerá un concerto.
Coro Gli Appassionati interpretará obras contemporáneas de autores da nosa terra, folclore galego cuxa posta en escea non deixará indiferente a ninguén; versións compostas por Javier Fajardo ou Julio Domínguez, que afondan no sentimento de ausenza, de medos, máis tamén de esperanza. Completarán o concerto obras de autores foráneos como Eric Whitacre ou Michel Berthomi.
Gli Appassionati, de Vigo, é un coro integrado por xoves apaixonados onde o canto e a música os define como grupo. Unha formación musical moi activa a nivel nacional e que teñen participado en numerosos festivais, concertos e óperas musicais, contando cun amplo palmarés de recoñecementos.
Coro Gli Appassionati interpretará obras contemporáneas de autores da nosa terra, folclore galego cuxa posta en escea non deixará indiferente a ninguén; versións compostas por Javier Fajardo ou Julio Domínguez, que afondan no sentimento de ausenza, de medos, máis tamén de esperanza. Completarán o concerto obras de autores foráneos como Eric Whitacre ou Michel Berthomi.
Gli Appassionati, de Vigo, é un coro integrado por xoves apaixonados onde o canto e a música os define como grupo. Unha formación musical moi activa a nivel nacional e que teñen participado en numerosos festivais, concertos e óperas musicais, contando cun amplo palmarés de recoñecementos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario